TRANSPARENCIA

Foi en outubro de 2013, cando InteRed, Oxfam Intermón, Entreculturas e Alboan comezamos a pensar xuntas como facer que cada vez foran máis centros educativos, profesorado e persoas os que apostarán por unha educación transformadora para a cidadanía global, como facer para que a relación das distintas redes de profesorado e centros educativos, acompañadas polas catro organizacións, puidesen impulsar un movemento ao que se fose sumando cada vez máis xente que, coma nós, cre que a educación para o desenvolvemento e a cidadanía global é imprescindible hoxe en día.

En xaneiro de 2015, mediante o convenio «Movemento pola educación transformadora e a cidadanía global no ámbito da educación formal» (código: 14-CO1-642), co financiamento da Axencia Española de Cooperación Internacional (AECID), puxémonos en marcha. Durante catro anos, máis de 1000 docentes, cunha maior presenza de mulleres e pertencentes a case 450 centros educativos, participaron nos obradoiros, encontros, seminarios, formacións a claustros, acompañamento en aula etc. realizados como movemento para favorecer a incorporación dunha educación para a cidadanía global na súa práctica educativa. A estes números habería que sumar tamén as persoas que se descargan e fan uso das publicacións compartidas na web do movemento e nas webs das organizacións. No traballo realizado, destacamos a construción colectiva do marco teórico-práctico «Centros educativos transformadores: trazos e propostas para avanzar».

Documento de avaliación

A avaliación externa do Convenio amosa os logros atinxidos e as suxestións de mellora para seguir promovendo un Movemento pola educación transformadora e a cidadanía global.