XÉNERO / COEDUCACIÓN

CONVIVINDO EN IGUALDADE

A estas idades, os mozos e as mozas teñen que abordar pola primeira vez unha decisión crucial nas súas vidas sobre o futuro (o seu futuro, as expectativas propias, as da familia, as do centro escolar, etc.). O medo a vivir en carne propia a desigualdade, a exclusión, a non pertenza ao grupo de pares, xerará emocións e sentimentos que deberemos facer aflorar.

TEMOS MOZA NOVA NA AULA

Coa escusa da celebración e aproveitando as súas circunstancias persoais e familiares, poderemos analizar os estereotipos de xénero, as relacións interpersoais, o sentimento de pertenza grupal, os modelos familiares, os dereitos persoais, a autoestima e o autoconcepto, así como a loita pola igualdade, nunha etapa crucial en que as emocións e o espertar sexual están á flor de pel.

UN ANIVERSARIO DE CORES

Durante a organización da gran festa de aniversario de Abi, poderemos identificar roles e estereotipos de xénero ligándoos á nosa contorna máis próxima, o que nos permitirá fomentar a empatía, coñecernos mellor e traballar para desenvolver a nosa propia identidade.

DIFERENTES SI, DESIGUAIS NON!

Con esta proposta preténdese ofrecer ferramentas para acabar con estereotipos como o da «muller coidadora» e o do «home mantedor» que se filtran a través de numerosos contextos que chegan ao noso alumnado e que van desde as imaxes dos libros de texto ata os anuncios televisivos e a publicidade de xoguetes ou os comentarios establecidos socialmente.

CONTOS PARA VIVIR, CONTOS PARA PENSAR

A distribución de nenas e nenos no espazo escolar non é igualitaria, coma o demostrou a observación sistemática de contornas escolares pautadas (como aulas, bibliotecas etc.). As relacións de poder que se establecen no recreo poden servirnos para coñecer historias nas que visualizar, sentir e desmontar a construción cultural dos estereotipos de xénero.

Unha cidade de coidados

«Unha cidade de coidados» é o que conseguen as nenas e os nenos cando asumen a responsabilidade de realizar as tarefas de coidados necesarias para que a vida siga adiante alí onde viven. É unha historia que nos lembra a importancia do protagonismo infantil e a confianza en que as nenas e nenos son plenamente capaces de decidir sobre os aspectos que os atinxen persoalmente e que afectan ao conxunto da sociedade; e que o fan atendendo ao coidado das persoas e da natureza, sendo así un exemplo a seguir. Reflicte outros moitos valores imprescindibles para construír unha sociedade máis xusta, como son a interculturalidade, a equidade de xénero, o exercicio da cidadanía global, a acollida etc.

Os pinceis de Artemisia. Experiencias de formación para a equidade de xénero

Esta publicación de InteRed que vos presentamos encara a formación para a equidade e ten como meta acadar unha cidadanía non sexista co gallo de avanzar no compromiso cos dereitos humanos das mulleres.

Caderno Xénero: un concepto para o cambio Social

Neste caderno desde Entreculturas ofrecemos conceptos básicos e ferramentas coas que agardamos achegar algunhas luces para o traballo específico en coeducación desde o marco da cidadanía global.

Mulleres como Arma de Guerra

Esta actividade forma parte do cartafol de recursos da campaña “Móvete. Armas baixo Control” e pretende dar a coñecer os efectos das guerras na poboación civil, en especial nas mulleres. Na páxina de recursos educativos “Kaidara” poden acharse tamén outras actividades, coma esta, a fin de traballar a coeducación e outros temas no cadro da Cidadanía Global.