DIMENSIÓN GLOBAL

Aquatika

«Aquatika» é un mundo submarino no que todos os animais se ocupan por igual da limpeza e o coidado do fondo do mar. Malia iso, cada día hai máis sucidade. Como é posible? De onde ven tanto lixo? Que poden facer os animais acuáticos para poñer freo a esta situación?

Esta historia destaca a importancia das tarefas de coidados como elemento imprescindible para o sostemento da vida. Ao mesmo tempo, lémbranos que non abonda con realizar de forma corresponsable os coidados no ámbito doméstico, senón que é preciso mobilizarse para protexer a natureza e esixir a toda a sociedade o coidado do planeta.

Said e o muro

Moverse polo mundo é un dereito de todas as persoas e un fenómeno humano que existe desde o inicio dos tempos. Cada día e desde sempre, millares de persoas deciden emprender unha viaxe buscando coñecer mundo, un bo traballo, novas oportunidades… E outras moitas fano fuxindo de conflitos ou causas que poñen en serio perigo a súa vida e a dos seus seres queridos.

A Decisión de Lina

Coa proposta Dereitos sen fronteiras, pretendemos ofrecer ferramentas para abordar as causas da migración forzosa e os factores que afectan as persoas en tránsito, e esixir un maior compromiso cos dereitos humanos e coa seguridade das persoas, co desenvolvemento sustentábel e coa prevención de conflitos violentos, para garantir o dereito de todas as persoas a unha vida digna e en paz.

A Democracia alén das Furnas

Publicado por Oxfam Intermón, este Global Express fornece elementos para analizar o estado actual da democracia así como algunhas propostas para responder ao principal reto que hoxe se presenta: construír unha cidadanía participativa e libre.

Promovendo o Cambio Global na Educación

Con esta publicación de Entreculturas trátase a forma na que se toman as decisións sobre as cuestións globais que nos atinxen.

Educación Motor de Dereitos Humanos.

Entreculturas, neste material, fálanos da educación, non só como un dereito fundamental recollido na Declaración Universal de Dereitos Humanos, mais tamén porque ten un papel destacado como promotora do resto de dereitos.

Dereitos e deberes

Este material de Alboan contén unha serie de propostas didácticas para traballar co alumnado o tema de dereitos e deberes. O obxectivo é adquirir conciencia dos dereitos que como persoas cidadás temos e os deberes que temos que cumprir para garantilos e sermos protagonistas da transformación do noso mundo cara un mundo máis xusto e solidario.