FORMACIÓN

Desde o Movemento apostamos por unha formación que axude a fortalecer coñecementos e capacidades no profesorado que favorezan o seu empoderamento para desenvolveren prácticas transformadoras na súa actividade educativa.

Levamos a cabo cursos, talleres e encontros na modalidade presencial e en liña.

Bloques temáticos:

Presentamos documentos de consulta e propostas didácticas nestes tres bloques temáticos que consideramos chaves nunha educación transformadora e para a cidadanía global:

Dimensión Global

Xénero/coeducación

 

Metodoloxías educativas transformadoras

 

Obxectivos Formativos

Fomentar a análise do modelo socioeconómico actual a fin de favorecer a transformación de estruturas desde a base dos DDHH así como a igualdade e a equidade entre mulleres e homes.

Sentirse corresponsábel da construción do cambio en temas sociais que afectan aquí e noutros contextos incorporando valores que permiten orientar xuízos e accións cara a xustiza.

Resaltar a importancia e o papel do educador e educadora e ofrecerlle mecanismos e estratexias para promover un modelo educativo máis humanizador e transformador.

Documentos

Obxectivos Formativos

Identificar as desigualdades de xénero nos diferentes eidos: familia, escola, traballo.. e detectar actitudes e comportamentos sexistas propios e alleos, promovendo a transformación das relacións de xénero no proceso de socialización que se leva a cabo nos espazos educativos.

Sensibilizar e capacitar ao profesorado sobre a necesidade dunha educación non sexista que forneza valores de igualdade e supere a discriminación por razóns de sexo.

Aprender a poñer en práctica diferentes estratexias pedagóxicas a fin de educar desde unha perspectiva coeducativa.

Documentos

Obxectivos Formativos

Capacitar ao profesorado para empregaren metodoloxías dinámicas baseadas na experimentación, a creatividade (individual e colectiva), o traballo cooperativo, o lúdico, a interacción entre estudantes e profesorado, así como nos lazos coa comunidade local.

Comprender os modelos de intervención educativa e social que favorecen incluír e superar as desigualdades e que conduzan cara o compromiso e a acción para a transformación social e o coidado do medio ambiente.

Dotar ao profesorado das capacidades para desenvolveren no estudantado destrezas psicosociais – habilidades para a Vida.

Documentos

Oferta dispoñibel:

Actualmente non existe ningunha oferta formativa