DOCUMENTOS

Dilemas e desafíos dunha Educación para la transformación. Algunhas aproximacións freirianas

Resulta indispensable que as educadoras e educadores que apostamos pola transformación nas nosas practicas cotiás, poidamos preguntarnos que dilemas e que desafíos nos fan impulsar unha educación para a transformación e poidamos, logo, incidir nas políticas e orientacións educativas das que formamos parte.

O proceso de Sistematización de Experiencias (SE).

A sistematización de experiencias supón a reconstrución do feito, é dicir, unha viaxe ao pasado, pero con proxección cara ao futuro. Implica a construción colectiva de aprendizaxes, onde as persoas que participaron das experiencias expoñen tanto o aprendido coma o sentido. Un xeito sinxelo de definir unha sistematización é: “un proceso de construción dun discurso colectivo do vivido, sentido e experimentado, onde as aprendizaxes nutran as experiencias futuras”.

Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global. Guía para a súa integración en centros educativos.

InteRed presenta neste documento un cadro teórico de referencia para acompañar os procesos e accións de integración da Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global como un enfoque integral nos proxectos educativos dos Centros.

Centros educativos transformadores: cidadanía global e transformación social

Esta publicación de Oxfam Intermón parte dun proceso de investigación-acción participativo desenvolvido no seo da comisión estratéxica e da Rede de Educadores e Educadoras para unha Cidadanía Global. A pregunta que guía este proceso é: que prácticas debe de ter un centro educativo para xerar transformación social en chave de cidadanía global?

Pistas para Mudar a Escola

Pistas para Mudar a Escola recolle os contidos do libro Escolas e Educación para a Cidadanía Global; unha ollada transformadora de Desiderio de Paz Abril, un mestre que dedicou moitos anos a fundamentar de xeito extenso e rigoroso a proposta da Educación para unha Cidadanía Global.