AUDIOVISUAIS

EDUCACIÓN TRANSFORMADORA
Óscar Jara, presidente do Consello de Educación Popular de América Latina e o Caribe (CEAAL) partilla con nós a súa visión sobre EDUCACIÓN TRANSFORMADORA.

EDUCACIÓN TRANSFORMADORA PARA A CIDADANÍA GLOBAL
Achegámonos á EDUCACIÓN TRANSFORMADORA PARA A CIDADANÍA GLOBAL a partires das palabras de Sandra Boni, profesora da U.P.V.

CONECTANDO MUNDOS
OXFAM INTERMÓN promove CONECTANDO MUNDOS, unha proposta educativa que combina a actividade na aula co traballo colaborativo en liña, apostando por unha educación para a cidadanía global.

 

WALIKALE. Cal é o teu móbil para mudar o mundo?
ALBOAN presenta este videoxogo gratuíto como recurso educativo que nos axuda a tomar conciencia sobre o emprego da tecnoloxía móbil e a súa relación co conflito na R.D. do Congo, o que demostra a relación entre o local e o global.

 

REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE
Desde ENTRECULTURAS promóvese a REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE que pretende que as e os mozos se sintan cidadáns do mundo e asuman a súa corresponsabilidade na construción dunha sociedade máis xusta.

 

ACTÚA CON COIDADOS
Desde INTERED cuestiónase o modelo de desenvolvemento actual e, a través de procesos educativos, avógase por poñer a sustentabilidade da vida no centro.