QUEN SOMOS

O Movemento pola Educación Transformadora e a Cidadanía Global promove o intercambio e a aprendizaxe conxunta para desenvolver prácticas educativas transformadoras. Está dirixido, preferentemente, a centros educativos e profesorado co fin de fomentar experiencias educativas de cidadanía global que permitan a creación dun movemento máis amplo que os ligue alén das súas aulas e escolas coa realidade global e coa busca do ben común.

O Movemento pola Educación Transformadora e a Cidadanía Global está promovido por InteRed, Entreculturas, Oxfam Intermón e Alboan en conxunto coas redes de profesorado e centros educativos que acompañamos:

Rede Solidaria de Docentes, acompañada por Entreculturas.

Rede Transforma de Centros Educativos para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, acompañada por InteRed.

Rede de Educadores e Educadoras para unha Cidadanía Global, acompañada por Oxfam Intermón.

Rede de educadores e educadoras de ALBOAN para a solidariedade-EDUKALBOAN

Entendemos a Educación Transformadora e para a Cidadanía Global (ETCG) coma un proceso socio-educativo continuado que promove unha cidadanía global crítica, responsábel e comprometida, a nivel persoal e colectivo, coa transformación da realidade local e global para construír un mundo máis xusto, máis equitativo e máis respectuoso coa diversidade e co medio ambiente, no que todas as persoas poidamos desenvolvernos de xeito libre e satisfactorio.

A ETCG promove o respecto e a valoración da diversidade como fonte de enriquecemento humano, a conciencia ambiental e o consumo responsábel, o respecto aos dereitos humanos individuais e sociais, a equidade de xénero, a valoración do diálogo como ferramenta para a resolución pacífica dos conflitos e a participación democrática, a corresponsabilidade e o compromiso na construción dunha sociedade xusta, equitativa e solidaria.