COLABORANDO COA HORTA COMUNITARIA

Esta experiencia foi realizada durante aproximadamente tres meses no Instituto Fort Pius de Barcelona, en 2017. Consistiu na participación de 18 alumnas e alumnos que traballaron da man das e dos veciños do barrio no mantemento dunha horta comunitaria. En cada sesión, o alumnado encargouse de redactar a crónica do día e de tomar fotografías para o blog. O proxecto conectou contidos ambientais (importancia da agricultura urbana, a diversidade de cultivos, o desperdicio alimentario) coa xustiza alimentaria global. Á súa vez, favoreceu o coñecemento de movementos veciñais a favor do medio, organizados espontaneamente, dinamizadores do tecido social do barrio e sen ánimo de lucro.

Descargar PDF

0 Comentarios

Deixe un comentario

Queres participar na conversa?
escribir

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *