DE INTERESE:

«Centros Educativos Transformadores: trazos e propostas para avanzar» é un marco teórico e práctico de innovación pedagóxica para a incorporación da Educación Transformadora para a Cidadanía Global ao centro educativo.
Nestas páxinas atoparedes os fundamentos teóricos que sustentan a proposta da Educación Transformadora para a Cidadanía Global, así como unha listaxe deses «trazos» ou elementos que detectamos como definitorios dun centro educativo transformador, e que presentamos en tres bloques que afectan a vida dos centros escolares:
- A cultura do centro referida aos principios, visión e valores do centro.
- As prácticas que leva a cabo o centro como chaves pedagóxicas e metodoloxías transformadoras.
- As políticas do centro reflectidas na planificación e organización do centro.
Ademais, atoparedes unha proposta de aplicación práctica para axudarvos a deseñar o voso propio camiño para avanzar sen fin cara a ese horizonte educativo que é o Centro Educador Transformador para a Cidadanía Global.
É o resultado dun traballo colaborativo realizado entre os anos 2015 e 2018, xunto co profesorado da Rede Transforma (InteRed), a Rede de Educadores e Educadoras por unha Cidadanía Global (Oxfam Intermón), a Rede Edukalboan (ALBOAN) e a Rede Solidaria de Docentes (Entreculturas) que promoven o Movemento pola Educación Transformadora e a Cidadanía Global, co apoio da AECID.
Constrúese de forma participativa a partir da sistematización de experiencias de centros educativos, da reflexión conxunta co profesorado e con outros actores educativos en obradoiros e xornadas, e da execución práctica. Esta publicación substitúe a versión preliminar que serviu de documento de traballo para o contraste e a validación.