Experiencias educativas compartidas polo profesorado no II Encontro do Movemento pola Educación Transformadora e a Cidadanía Global

Presentámosvos algunhas das experiencias educativas compartidas polo profesorado no II Encontro do Movemento pola Educación Transformadora e a Cidadanía Global.

IES Vicent Andrés Estellés de Burjassot, Valencia.
ApS en perspectiva filosófica outra educación é posible? Por unha educación transformadora. Descargar

 

Colexio San Ignacio, Pamplona.
CAMINA, soñemos o colexio en equipo Claves na transformación educativa do Colexio. Descargar

 

IES Ulia Fidentia Montemayor, Córdoba.
Proxecto educativo de cidade Ulia máis urbana. Descargar

 

Colexio Hijas de Jesús, Pamplona.
Máis aló das fronteiras. Descargar

 

San Jose Jesuitak, Durango.
Coeducación, Medrando en igualdade. Descargar

 

IES Félix Rodríguez de la Fuente, Burgos.
Fomento dunha ciudadanía global activa e comprometida coa equidade de xénero e os DD.HH. Descargar

 

Instituto Técnico Profesional Pax Valencia.
A saúde é para todos. Descargar

 

Escola Equipo, Murcia.
Organigrama de actividades formativas. Descargar

 

IES Pablo Picasso e CDP Santa Ma de los Ángeles, Málaga.
Trazos. Dos centros educativos transformadores. Descargar

 

Colexio Santa Teresa. Vistahermosa, Alicante.
Unha rede de raíces e coidados Amasa o teu cerebro. Descargar

 

 

CONVIVIMOS NA DIVERSIDADE

Esta experiencia lévase a cabo no colexio Gamo Diana, Madrid. Encontramos que a diversidade das nosas aulas non é só de procedencia, senón tamén de ritmo e estilo de aprendizaxe, emocional, ten que ver cos recursos, coas crenzas, coa cultura, coas linguas, e é tamén evolutiva nun proceso de crecemento natural, de modo que non hai dous alumnos iguais, como tampouco o son nin as súas familias nin os seus mestres.

Descargar

O CLUB DA CONVIVENCIA

Esta experiencia foi realizada no Colegio Bérriz, en Las Rozas, Madrid, durante o curso 2016/2017. Nace como resposta a unha necesidade: a mellora da convivencia escolar desde un enfoque non disciplinario nin reactivo, senón participativo e proactivo, no que o alumnado, a través da creación de clubs, se encarga de axudar coa integración, a convivencia e o bo trato de todas e todos.

Descargar PDF

COLABORANDO COA HORTA COMUNITARIA

Esta experiencia foi realizada durante aproximadamente tres meses no Instituto Fort Pius de Barcelona, en 2017. Consistiu na participación de 18 alumnas e alumnos que traballaron da man das e dos veciños do barrio no mantemento dunha horta comunitaria. En cada sesión, o alumnado encargouse de redactar a crónica do día e de tomar fotografías para o blog. O proxecto conectou contidos ambientais (importancia da agricultura urbana, a diversidade de cultivos, o desperdicio alimentario) coa xustiza alimentaria global. Á súa vez, favoreceu o coñecemento de movementos veciñais a favor do medio, organizados espontaneamente, dinamizadores do tecido social do barrio e sen ánimo de lucro.

Descargar PDF

LINGUAS, UN GRAN TESOURO!

Esta experiencia foi realizada no Instituto Josep Puig i Cadafalch en Mataró, Barcelona.

A actividade xorde do estudo da estatística, contido de Matemáticas, e da reflexión sobre de que modo podemos aplicar este coñecemento na vida real. O Departamento de Lingua Catalá quería celebrar o Día das Linguas Maternas e os alumnos da aula globalizada querían coñecer mellor ao resto do alumnado, a súa procedencia, a súa cultura e as súas linguas. Desta coincidencia nace esta experiencia.

Descargar PDF